AVISO IMPORTANTE: SUPLANTACIÓN DE PERSONALIDADE NA XESTIÓN DAS GARANTÍAS DEFINITIVAS

 
Foron detectados intentos de suplantación de identidade dos poderes adxudicadores usuarios da Plataforma de contratación do sector público (PLACSP,) na cal se publican, por interconexión, os contratos do sector público galego de Contratos públicos de Galicia.

O proceder dos estafadores é sempre o mesmo:

Unha vez que se publica a identidade do futuro adxudicatario da licitación, envían un correo electrónico desde unha conta simulada que se fai pasar pola Plataforma de Contratación do sector público (PLACSP) para solicitar a constitución da fianza definitiva correspondente á licitación de que se vai ser adxudicatario. Para isto sempre facilitan un número de conta dunha entidade bancaria situada no estranxeiro.

Por tanto, pídese a máxima atención aos licitadores propostos como adxudicatarios e proporciónanse as seguintes recomendacións:

1- Desconfíen de toda comunicación recibida polas canles non habituais de comunicación.

2- Comproben os dominios (xxxxxx@domino) desde os cales reciben os correos electrónicos e que estes corresponden cos dos poderes adxudicadores con que se licitou.

3- En caso de recibir documentos electrónicos (formato PDF) pode verificar a autenticidade dos mesmos, mediante o código de verificación electrónica do que dispoñen os documentos.

4- Eviten presentar garantías mediante transferencia bancaria, dado que é a forma que teñen os estafadores de realizar a estafa.

5- En caso de dúbida, no expediente publicado en Contratos públicos de Galicia (CPG) dispoñen dun teléfono e correo electrónico dos xestores do órgano de contratación na epígrafe CONTACTO, que encontrarán na esquina superior dereita da páxina coa información especifica do procedemento. Nese teléfono ou correo poderán verificar a autenticidade de calquera comunicación.

En caso de coñecer algunha actuación deste tipo, debe pórse en coñecemento desta plataforma (enderezo de correo: Plataformacontrataciongalicia@xunta.gal) para a súa persecución.

Subscrición as novidades

Vostede pode recibir gratuitamente no seu enderezo de correo electrónico un aviso diario coas novas licitacións publicadas e coas modificacións das licitacións previamente publicadas nesta plataforma.

Correo electrónico para a súa subscrición
O enderezo de correo electrónico onde quere recibir as novidades.
Preferencias para a súa subscrición
Se vostede non quere recibir avisos de todas as licitación pode realizar unha subscrición personalizada.
Pode elixir si ademais de recibir as novas licitacións publicadas se reciben as licitacións xa publicadas que sufriron cambios.
Pode elixir un ou varios tipos de organismos que publicaron as licitacións, por exemplo, pode subscribirse só as licitación publicadas polo tipo de organismo 'Consellerías' e recibirá avisos só de licitacións publicadas por calquera consellería da Xunta de Galicia.
Pode elixir un ou varios tipos de procedementos das licitacións, por exemplo, pode subscribirse só as licitacións de tipo 'Abertos' e recibirá avisos só de licitacións que sigan o procedemento de licitacións abertas.
Pode elixir un ou varios tipos de contratos das licitacións, por exemplo, pode subscribirse só as licitacións de tipo 'Servizos' e recibirá avisos só de licitacións que concluían nun contrato de servizos.
Pode elixir unha ou varias materias de tramitación (CPV so por divisións), por exemplo, pode subscribirse só ás licitacións de 'Maquinaria Agrícola', CPV 16000000, e recibirá avisos só de licitacións que se atopen dentro da división cpv de Maquinaria Agrícola

Os tipos de procedemento 'Negociados sen publicidade' e 'Negociados con publicidade' asi como os tipos de contratos 'Concesión de obras públicas', 'Xestión de servizos públicos', 'Contratos de colaboración entre sector público e sector privado' e 'Outros' son aplicables só si a licitación é anterior a Lei 9/2017.