Plataforma de Contratos Públicos de Galicia

Instruccións para darse de alta na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia

Neste apartado descríbense as instruccións para que os órganos de contratación das diferentes administracións galegas, entes públicos, organismos autónomos, etc., do sector público galego, poidan darse de alta na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia e así facer publicidade de todas as súas licitacións.

Alta do perfil dun organismo:

  • Cumprimentar o formulario de alta de perfil do contratante. Deberá estar correctamente cumprimentado. A firma ten que ser a da persoa responsable do organismo.  Acceso ao formulario PDF ODT.
  • Según as instruccións do formulario de alta do perfil do contratante, deberá enviarse o logo do organismo en formato (gif, jpg, ou png preferentemente) cun tamaño máximo de 170x55 px. e a ser posible con fondo transparente.
  • Instruccións de réxime interno aplicables a ese organismo, nos casos que proceda (arquivo en formato pdf).

Alta (ou baixa) de usuarios:

  • Cumprimentar a solicitude de usuario. Para organismos que non teñan acceso á Rede Corporativa da Xunta de Galicia, os usuarios deberán estar obrigatoriamente en posesión dun certificado dixital clase 2 CA (persoal) da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda, nos demáis casos non é obrigatorio e o acceso será mediante usuario/contrasinal. Farase unha solicitude por cada usuario.  Acceso ao formulario PDF ODT.
  • As solicitudes enviaranse asinadas e seladas ao número de fax que nelas se indica.
  • Para calquer dúbida enviar un correo electrónico a pcpg@xunta.es.

Últimas publicacións

Próximas mesas de contratación

Últimos días de presentación

Ver todos [+]
FEDER