Plataforma de Contratos Públicos de Galicia

Que é a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia PCPG?

A entrada en vigor da lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, sopuxo un impulso á utilización dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos na contratación pública. Nese marco legal, unha das liñas fundamentais de actuación diríxiuse a millorar os sistemas de información sobre a actividade contractual, creando novas figuras, como o Perfil do contratante e as Plataformas de Contratación que, a través de Internet, se convierten en ferramentas de gran axuda para o coñecemento e seguimento dos procedementos contractuais en curso e mesmo para que as PEMES coñezan posibilidades de negocio co sector público e accedan fácilmente as licitacións.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Facenda, a través da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa e en colaboración coa AMTEGA, asumíu a tarefa de coordinar os traballos necesarios para adaptar e rediseñar, cos cambios de filosofía e contidos previstos na nova normativa, o entorno informático existente antes da entrada en vigor da lei.

Desenvolvidos nunha primeira fase os traballos de definición dos perfís de contratante, completouse o escenario coa presentación nesta web dun único Portal de Contratación con vocación de ser o punto de acceso a información publicada dende todos os perfís dos órganos de contratación do sector público galego.

Dende aquí poderá acceder á consulta de anuncios de información previa, das licitacións en curso, das adxudicacións máis recentes, de documentación de interese (pregos, datas de apertura, publicacións en outros medios, etc) ou dos puntos de contacto e formas de comunicarse co órgano de contratación. Ademais disporá dun sistema de alertas polo que poderá recibir gratuitamente no seu enderezo de correo electrónico avisos sobre os novos procedementos que se publican na Plataforma.

Damos, pois, a benvida a este Portal a todos os entes, organismos, entidades, Concellos, Universidades Públicas e, en xeral os sectores económicos e profesionais participantes nos procesos da contratación pública e invitámoslles a seguir na procura entre todos dunha mellora do servizo a través das consultas e suxerencias que poderá enviar por correo electrónico ao enderezo:plataformadecontratacion@xunta.gal.

Documentación relacionada:

FEDER